Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de diciembre de 2010

A expedición científica "Malaspina 2010"


O día 15 de decembro de 2010 partía do porto de Cádiz unha expedición científica que leva por nome "Malaspina 2010". O obxectivo desta expedición é a recollida de datos para valorar os efectos do cambio climático no mar, o estado da diversidade mariña e os efectos globais sobre o océano. Ademais das mostras físicas que se recollan, segundo Carlos Duarte, Director da Expedición, obteránse 5.500 gigabytes de información, o que ocuparían unas 8.000 películas.

O nome de "Malaspina" ven a ser o recoñecemento da ciencia española ao capitán de fragata Alejandro Malaspina que no século XVIII realizou unha expedición similar con dúas fragatas e baixo bandeira española. A maior expedición científica española pasou rápidamente ao olvido debido, como casi sempre, a problemas políticos e persoales. O nome de Malaspina e a súa expedición caeron definitivamente no olvido.
A expedición recorda a moi famosa "Expedición do Beagle".





Na nova expedición Malaspina, participan dous buques, o "Hespérides" e o "Sarmiento de Gamboa" que sairá posteriormente. Neles máis de 400 científicos participarán na recollida de datos para proxectos de diversa índole.






Unha mostra do traballo a realizar





PÁXINAS DE INTERESE:
1. CSIC.
2. Os xornais:
2.1 Público (Recentemente recibiu o premio á "divulgación científica" que otorga á Casa das Ciencias
2.2 El País

martes, 9 de noviembre de 2010

"Invasores"

Ven de estrearse o Documental 'Invasores',do naturalista Luis Miguel Domínguez. No documental o autor quere deixar constancia dos efectos das especies invasoras nos ecosistemas de España indicando ps perigos que acompañan á presencia de especies como o mosquito tigre, o cangrexo de río americano e o mexilón cebra, entre outros.

Podes consultar tamé esta dirección web:
http://www.rtve.es/noticias/20101107/invasores-amenazan-fauna-espanola/368097.shtml

Promo de "Invasores", un documental de Luis Miguel Domínguez


lunes, 1 de noviembre de 2010

Biodiversidade e historia da terra


Cumio sobre Biodiversidade outubro 2010
Ao longo da historia da Terra tiveron lugar grandes explosións de vida e posteriores extincións masivas. Todos estes acontecemetos están relacionados con cambios no sitema Terra, cambios na composición da atmósfera e posteriores cambios no clima.

Un exemplo ben coñecido é a explosión de vida que aconteceo no Mesozoico coa aparición dos dinosaurios e a súa conquista do planeta terra. Pero só é un exemplo.Un equipo de científicos da Universidade de Durham no Reino Unido veñen de descubrir o por que da extinción dos mamuts.
Extinción del mamut lanudo (Ciencia al cubo)





Na actualidade á acción do home está a acelerar outro proceso similar,o cambio climático.
As especies amenazadas vénse na obriga de buscar lugares mellores para sobrevivir. Unha das estratexias utilizadas por estas especies é subir cara o Norte....pero eso ten as súas consecuencias.


Osos polar y grizzly (Ciencia al cubo)




Introducción de especies foráneas nos ecosistemas naturais locais. As consecuencias tamé se poden apreciar.


Invasión del caracol manzana (Ciencia al cubo)



domingo, 31 de octubre de 2010

Cumio sobre biodiversidade en Nagoya, Xapón

Durante 12 días tivo lugar en Nagoya, Xapón o "Cumio da Biodiversidade".

Os máis de 190 países que participaron acodaron un novo plan de protección especial ata o 2020.

Pero, quizás, o tema que máis interese suscitou foi o acordo sobre "biodiversidade xenética", que no caso de Sudamérica é básico. De quen son as especies que existen nestos países e que son moi utilizadas tanto en menciña como na alimentación? Para quen son os beneficios?

Outros acordos falan das superficies do planeta a protexer.
Según unha información obtida da BBC, acordouse a protección do 17% dos ecosistemas terrestres e o 10% dos ecosistemas mariños, o que no supón un avance nada significativo, con respecto á actualidade.

O cumio en Nagoya foi a X Conferencia das Partes da Convención sobre Biodiversidad (COP10) e tivo lugar do 18 ao 29 de outubro de 2010.

Teremos que esperar a que en prensa aparezan estos acordos para poder valoralos.

Lista vermella das especies. VER

A noticia nos medios

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2010/10/101029_biodiversidad_cumbre_final_am.shtml
http://www.lavanguardia.es/lv24h/20101005/54016907961.html

http://www.cbd.int/convention/convention.shtml


A biodiversidade na sociedade:Biodiversidade en Galicia. Wiki elaborada polos alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes.Lugo





A biodiversidade na sociedade:Farmacia submariña


Farmacia marina (Ciencia al cubo)




A biodiversidade na sociedade: As especies amenazadas e os venenos