Mostrando entradas con la etiqueta Cambio climático. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cambio climático. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de diciembre de 2010

A expedición científica "Malaspina 2010"


O día 15 de decembro de 2010 partía do porto de Cádiz unha expedición científica que leva por nome "Malaspina 2010". O obxectivo desta expedición é a recollida de datos para valorar os efectos do cambio climático no mar, o estado da diversidade mariña e os efectos globais sobre o océano. Ademais das mostras físicas que se recollan, segundo Carlos Duarte, Director da Expedición, obteránse 5.500 gigabytes de información, o que ocuparían unas 8.000 películas.

O nome de "Malaspina" ven a ser o recoñecemento da ciencia española ao capitán de fragata Alejandro Malaspina que no século XVIII realizou unha expedición similar con dúas fragatas e baixo bandeira española. A maior expedición científica española pasou rápidamente ao olvido debido, como casi sempre, a problemas políticos e persoales. O nome de Malaspina e a súa expedición caeron definitivamente no olvido.
A expedición recorda a moi famosa "Expedición do Beagle".





Na nova expedición Malaspina, participan dous buques, o "Hespérides" e o "Sarmiento de Gamboa" que sairá posteriormente. Neles máis de 400 científicos participarán na recollida de datos para proxectos de diversa índole.






Unha mostra do traballo a realizar





PÁXINAS DE INTERESE:
1. CSIC.
2. Os xornais:
2.1 Público (Recentemente recibiu o premio á "divulgación científica" que otorga á Casa das Ciencias
2.2 El País

lunes, 6 de diciembre de 2010

Informe sobre a pobreza rural


A ONU por medio da Fundación Internacional para o Desenvolvemento da Agricultura (IFAD), ven de publicar o seu Informe Anual sobre "Pobreza no Medio Rural 2011".


Máis de 350 millóns de persoas do medio rural viven na pobreza máis extrema, máis de 1000 millóns de persoas viven con menos de 1 € o día. Africa subsharaniana e o Sur de Asia so dúas das zonas máis afectadas. A pobreza afecta especialmente ao medio rural.
A falta de medios, de información e, cada vez máis, os fenómenos climáticos extremos está a afectar negativamente as colleitas e ao progreso.

No seu Informe a IFAD analiza a situación actual, como a degradación do solo e das augas, base da súa economía, e o uso de cereales para a fabricación de biocombustibles son factores a ter en conta..... Solucións que poderían semellar positivas, volvénse negativas cun efecto doblemente negativo (efecto boomerang) como é o caso dos biocombustibles.


Por medio de testimonios de agricultores nos países en vías de desenvolvento podemos comprobar esta situación. Como exemplo poñemos o vídeo de Mongolia, onde Avid Enkhtaivan (pastor nómada) conta a historia do seu pobo.


Para máis información visita a web de IFAD