Mostrando entradas con la etiqueta Riscos naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Riscos naturais. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de marzo de 2011

Xapón, 11 de marzo 2011


BORDES ACTIVOS. A FOSA DE XAPÓN

Na imaxe da esquerda podemos apreciar as placas terrestres situadas na zona do Pacífico Norte.
Xapón, Filipinas, Indonesia e a conexión Asia e Norteamérica onde podemos apreciar as Fosas máis profundas do planeta: de 9Km na de Xapón ata 11Km na fosa das Marianas.


O 11 de marzo de 2011 tipo lugar un terremoto de magnitude 9 na Fosa de Xapón, preto da costa do Norte da illa de Honshu.
GRÁFICO. Ver

GRAFICO 2:
VERImaxe: Terremotos na zona (USGS)

Durante unha semana máis de 700 terremotos foron localizados nas proximidades da illa de Honshu, a principal de Xapón. Ademáis do terremoto de magnitude 9, localizáronse previamente un de magnitude 7,2 e moitos superiores a 6.


Situada sobre un borde de placa converxente onde as placas terrestres están a chocar constantemente. A placa Pacífica introdúcese debaixo da Norteamericana a un ritmo de 83 mm/ano . A raíz do terremoto a illa desprazouse 2,4 m cara a placa tectónica Euroasiática. O eixo da terra desprazouse 10 cm, segundo os xeofísicos.

O terremoto tiña o seu epicentro a 24,4 Km de profundidade e provocou un desprazamento vertical dun dos bordes de falla.

Esta circunstancia trouxo consigo un ha nova situación: A formación dun tsunami.




Webs recomendables: IMAXES
Zonas afectadas



AS CENTRAIS NUCLEARES NA CRISE

O terremoto e , sobre todo, o posterior maremoto afectaron as centrais nucleares situadas na costa nas proximidades do foco do terremoto.
O risco radiactivo non facía máis que empezar.

A central de Fukushima. VER

Vocabulario radiactivo. VER

Radiactividade e saúde. VER

Traxes resistentes. VER

Evolución da nube radiactiva nos primeiros días. VER

DIARIO DAS CATÁSTROFES. Ver
A historia escrita dende Xapón. "En Xapón, aínda non hai tempo para a dor". Artigo de Kazumi Saeki.




O camiño da radiación.GRÁFICO

Contaminación 15 días despois

sábado, 20 de noviembre de 2010

Colapso dunha dolina no Courel

De cando en vez no Leste de Galicia en Becerreá e, sobre todo, no Courel ten lugar un acontecemento similar: a terra derrúmbase baixo os nosos pes. Estes fenéomenos son ben coñecidos pola xente que vive neses lugares.

Os xornais recollen hoxe unha nova relacionada con estas situacións. Destaca por que o diámetro do pozo que se abriu ronda os 20 m e ten máis de 30 m de profundidade. Tales magnitudes converten o acontecemento nun fenómeno de Risco importante. Unha carretera atópase moi preto do pozo.

Estes fenómenos están relacionados coas paisaxes Kársticas nos que a rocha caliza, por efecto da erosión intena, forma grandes covas subterráneas moitas veces descoñecidas por os habitantes.

Cando a profundidade da cova é moi grande a parte superior que a protexe derrúmbase tendo lugar o chamado "colapso da dolina" e queda ao descuberto o interior da cova.


A noticia podes lela nesta dirección. VER