Mostrando entradas con la etiqueta teledeteccion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teledeteccion. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de diciembre de 2010

Espiando o planeta Terra

Imaxes tomadas da web da ESA


Envisat, lanzado no ano 2002(Environmental Satellite) é un dos satálites estrela da Axencia Espacial Europea (ESA). Describe unha órbita casi polar e tarda 101 minutos en dar un volta completa. Obtén datos dunha zona cada 35 días. O seu obxectivo é estudiar a superficie terrestre, a súa atmosfera e os seus océanos. É, pois, un espía medioambiental.
Conta con 10 sensores que captan o refelexo da luz solar nas súas distintas lonxitudes de onda dende o espectro visible ata o espectro microondas.

Falaremos dun dos seus instrumentos de toma de datos é MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer), un espectómetro capaz de captar ata 15 lonxitudes de onda dentro do espectro da luz de 390 a 1040 nm. MERIS é capaz de medir os distintos niveis de clorofila tanto nos océanos como na superficie terrestre. Precisamente, no ámbito terrestre ímos a pararnos.


A superficie terrestre minuto a minuto con Envisat Meris: VER

Con MERIS estase a desenvolver un programa chamado Glob Corine que trata de estudar, analizar e predicir o estado de saúde das masas boscosas europeas e o avance das zonas urbanas.
As árbores reflicten a luz nuns canles do espectro moi diferente ao solo desnudo e a auga polo que os datos que se poden obter coa firma espectral son importantes. Para coñecer o estado da vexetación utilízase o Índice de Diferencia Normalizada da Vexetación.

O Índice de Diferencia Normalizada da Vexetación (Normalized Difference Vegetation Index o NDVI) calcúlase de este modo:

% de reflexión no cercano ao infravermello - % de reflexión no visible vermello
NDVI=----------------------------------------------------------------------------------
% de reflexión no cercano ao infravermello + % de reflexión no visible vermello

Un Índice é algo máis que un Indicador Ambiental xa que ten a capacidade de relaciónar varias variables importantes e determinantes para un determinado problema ambiental.
Esta información mídese nuns ámbitos que van de -1 a +1.
+1--------------Masas boscosas en bo estado (verde intenso)
0--------------Desertos (blanquecino- amarelo)
-1--------------Océano, auga (azul, negro)
Non ten unidades de medida porque en sí mesmo está traballando con variables de distinta magnitude, pero o significado do seu valor é claro e determinante.

Mapa NDVI publicado o 23 de novembro de 2010. Recolle os datos obtidos no 2009
Fonte: web da ESA

Un resumo do papel a desempoeñar por ENVISAT


domingo, 14 de noviembre de 2010

ENVISAT, o espía da Terra

Imaxe da ESA
Envisat (Environmental satellite) é un satélite construído pola Axencia Espacial Europea -ESA- e que ten como misión obter información do estado da atmosfera, dos océanos e da superficie terrestre.

Lanzado ao espazo en marzo de 2002 describe una órbita xeoestacionaria case polar e está situado a 790 Km de altura.

Posúe 1o instrumentos diferentes para a obtección de datos. Con esta tecnoloxía teránse datos sobre gases de efecto invernadoiro, destrucción de bosque, fusión dos xeos e tamén poderánse localizar accidentes ou derrames nos océanos.

Dende o lanzamentos dos satélites de información medio ambiental o número de derrames por crudo fronte as costas de Galicia multiplicáronse. Así, según fontes ben informadas, no ano 2009 detectaronse case 100 manchas fronte as 54 localizadas no ano 2007.

O 17 de novembro de 2002 o Envisat, por medio dun dos seus instrumentos o ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar), detectou a mancha de petróleo que causou o derrame de crudo do petroleiro Prestige ao partirse en dous fronte á Costa da Morte.

Verquido do petroleiro Prestige. Imaxe tomada dende o satélite Envisat por medio do seu instrumento de observación ASAR.
Novembro de 2002.
Axencia Espacial Europea (ESA)



RELACIONADO COA NOVA

1. Imaxes de Envisat VER

2. Galicia rexistrou 193 verquidos entre 2007 e 2009. VER

3. Un láser barre toda España metro a metro. VER

Lixo espacial

Lixo no espazo, pero canto hai?
Máis de 15.000 obxectos ou fragmentos de entre 10 e 15 cm, pero tamén máis de 600.000 de menos de 1cm. Son obxectos sen utilidade que orbitan coa terra e entorno a ela.

O lixo espacial fórmase a partires de fragmentos de satélites que se desprenden, tornillos, pezas de ensamblaxe, satélites abandonados .... que quedan suspendidos e rotando indefnidamente.
Según din os expertos, a mesma Estación Espacial Internacional (ISS) está blindada para evitar os efectos que calquera deses obxectos poideran causarlle cando perden á órbita na que se atopan.