sábado, 25 de septiembre de 2010

De sistemas a modelos e simuladores

Traballar ciencia implica coñecer a realidade do noso entorno, analizala e "crear" modelos que axuden á súa comprensión e á previsión de posibles cambios ou evolucións. Así pasamos de analizar "sistemas" (conxuntos de variables que determinan una situación concreta) á crear "modelos "(matemáticos, analóxicos...) que nos permitan comprender esa realidade e valorar a súa información. Creanse así as "simulacións" tan útiles para facer previsións, aprender a manexar aparellos complicados ou viaxar ao espazo exterior.

Para comprender estes tres conceptos recomendamos este vídeo do Programa "Tres 14" e a entrevista realizada, dentro do mesmo programa, a Javier de Felipe.


Navegar en Tierra (simulación)


domingo, 5 de septiembre de 2010

Introdución

Carl Sagan (1934-1996), astrónomo, exobiólogo e, sobre todo, gran divulgador científico de finais do século XX. Aproximou a ciencia aos cidadáns, tanto a ciencia do seu tempo como a ciencia que xa se desenvovía na Grecia antiga. A súa serie de televisión 'COSMOS' foi capaz de enganchar a millóns de persoas en todo o mundo. De ahí sacamos esta introdución para a materia de Ciencias da Terra.





Ciencia e relixión. Artigo publicado en Público, 5 de setembro de 2010

[......]"Non debemos ver a (biblioteca) de Alexandría como una biblioteca moderna, como un almacén de libros e pergaminos, que os había e eran moi valiosos", dice Félix Ares, asesor científico do museo da ciencia Kutxa Espacio. "O máis cercano que temos para facernos unha idea é o noso Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Alí estudiabase e investigabase. Descubriron as causas das mareas e plantexaron conceptos modernos, como o da gravidade", explica. [....] Ler máis