sábado, 20 de noviembre de 2010

Colapso dunha dolina no Courel

De cando en vez no Leste de Galicia en Becerreá e, sobre todo, no Courel ten lugar un acontecemento similar: a terra derrúmbase baixo os nosos pes. Estes fenéomenos son ben coñecidos pola xente que vive neses lugares.

Os xornais recollen hoxe unha nova relacionada con estas situacións. Destaca por que o diámetro do pozo que se abriu ronda os 20 m e ten máis de 30 m de profundidade. Tales magnitudes converten o acontecemento nun fenómeno de Risco importante. Unha carretera atópase moi preto do pozo.

Estes fenómenos están relacionados coas paisaxes Kársticas nos que a rocha caliza, por efecto da erosión intena, forma grandes covas subterráneas moitas veces descoñecidas por os habitantes.

Cando a profundidade da cova é moi grande a parte superior que a protexe derrúmbase tendo lugar o chamado "colapso da dolina" e queda ao descuberto o interior da cova.


A noticia podes lela nesta dirección. VER

domingo, 14 de noviembre de 2010

ENVISAT, o espía da Terra

Imaxe da ESA
Envisat (Environmental satellite) é un satélite construído pola Axencia Espacial Europea -ESA- e que ten como misión obter información do estado da atmosfera, dos océanos e da superficie terrestre.

Lanzado ao espazo en marzo de 2002 describe una órbita xeoestacionaria case polar e está situado a 790 Km de altura.

Posúe 1o instrumentos diferentes para a obtección de datos. Con esta tecnoloxía teránse datos sobre gases de efecto invernadoiro, destrucción de bosque, fusión dos xeos e tamén poderánse localizar accidentes ou derrames nos océanos.

Dende o lanzamentos dos satélites de información medio ambiental o número de derrames por crudo fronte as costas de Galicia multiplicáronse. Así, según fontes ben informadas, no ano 2009 detectaronse case 100 manchas fronte as 54 localizadas no ano 2007.

O 17 de novembro de 2002 o Envisat, por medio dun dos seus instrumentos o ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar), detectou a mancha de petróleo que causou o derrame de crudo do petroleiro Prestige ao partirse en dous fronte á Costa da Morte.

Verquido do petroleiro Prestige. Imaxe tomada dende o satélite Envisat por medio do seu instrumento de observación ASAR.
Novembro de 2002.
Axencia Espacial Europea (ESA)



RELACIONADO COA NOVA

1. Imaxes de Envisat VER

2. Galicia rexistrou 193 verquidos entre 2007 e 2009. VER

3. Un láser barre toda España metro a metro. VER

Lixo espacial

Lixo no espazo, pero canto hai?
Máis de 15.000 obxectos ou fragmentos de entre 10 e 15 cm, pero tamén máis de 600.000 de menos de 1cm. Son obxectos sen utilidade que orbitan coa terra e entorno a ela.

O lixo espacial fórmase a partires de fragmentos de satélites que se desprenden, tornillos, pezas de ensamblaxe, satélites abandonados .... que quedan suspendidos e rotando indefnidamente.
Según din os expertos, a mesma Estación Espacial Internacional (ISS) está blindada para evitar os efectos que calquera deses obxectos poideran causarlle cando perden á órbita na que se atopan.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Esgotamento dos recursos naturais (How Much Is Left?....)

No último número de Investigación e Ciencia (Novembro de 2010) podemos atopar un interesantísimo artigo firmado por Michael Moyer titulado "Esgotamento dos recursos naturais". Aquí podemos atopar os últimos datos sobre o estado de recursos tan importantes como, minerais (Cu, Ag, In....), o petróleo, a auga e o estado da biodiversidade.
Este artigo podese consultar no exemplar da revista da Biblioteca ou visitando esta páxina web na que se atopa un material interactivo en versión inglesa.


How Much is Left? A graphical accounting of the limits to what one planet can provide. VER

E tamen recomendar este video titulado "State of the planet" que podedes seguir coa súa transcripción na mesma web. VER

martes, 9 de noviembre de 2010

Mar galego

Mar galego, é un podcast do programa "Entre probetas" de RNE que dirixe e presenta o profesor José Antonio López Guerrero, tamén Investigador e Director de Cultura Científica da Universidade Autónoma de Madrid e do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa. Nesta información explica o traballo de investigación que se está levando a cabo sobre a productividade do Atántico nas costas de Galicia. Moi interesante


Baixo o mar galego (entre Probetas)



Imaxe de satélite (Envisat- ESA) na que se observa o afloramento oceánico coa explosión de plancton coloreado de azul preto da costa irlandesa. Un efecto similar pode apreciarse no afloramento das augas máis profundas fronte as costas de Galicia (Rías Baixas) de que fala a nova, pero non atopamos ningunha imaxe de satélite.


"Invasores"

Ven de estrearse o Documental 'Invasores',do naturalista Luis Miguel Domínguez. No documental o autor quere deixar constancia dos efectos das especies invasoras nos ecosistemas de España indicando ps perigos que acompañan á presencia de especies como o mosquito tigre, o cangrexo de río americano e o mexilón cebra, entre outros.

Podes consultar tamé esta dirección web:
http://www.rtve.es/noticias/20101107/invasores-amenazan-fauna-espanola/368097.shtml

Promo de "Invasores", un documental de Luis Miguel Domínguez


lunes, 8 de noviembre de 2010

Actividades humanas

Decenas de baleas piloto -33, en total- atoparonse mortas na rexión irlandesa de Co Donegal. Case todos os exemplares eran, segundo os científicos, nais coas súas crías recién nacidas. Os científicos tratan de averiguar como chegaron ata esta plaia irlandesa, aínda que os primeiros indicios apuntan que poideron ser confundidas por un sónar da Royal Navy de Irlanda, que puido afectar ao 'sistema de navegación' dos animais.

Deceas de baleas mortas en Irlanda


domingo, 7 de noviembre de 2010

Reactivación do volcán Merapi (Indonesia)

Incrementa la actividad del volcán Merapi en Indonesia




O volcán Merapi xunto co terremoto de hai uns días e o posterior tsunami son só unha das manifestacións do movemento das placas terrestres. Situada no borde dunha zona activa (contacto entre dúas placas), Indonesia forma parte do "Cinturón de lume do Pacífico". Aquí unha placa subduce por debaixo de outra cunha intensidade tal capaz de producir catástrofes como istas.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Que perigo....!

Plata e minerais no Polo sur da Lúa.
Unha nova para escoitar

Plata na Lúa(Ciencia ao cubo)

Furacáns: Catástrofes naturais

Imaxe tomada da web do NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration, EEUU)
O Centro Nacional de Furacans (CNH) explicou que Tomas(tormenta tropical) camiña con ventos de 120 kilómetros por hora e pronostica que, nembargantes, debilitaráse na noite do sábado ao domingo.

O décimo segundo furacán da temporada del Atlántico, obligou a evacuar cerca de 9.000 persoas na República Dominicana, onde se manten a alerta vermella en vinte provincias, a amarilla en nove e a verde en tres porlo el risco de inundacions e corrimentos de terra, segundo informou o Centro de Operacións de Emerxencia.
Ciclóns tropicais, tifóns e furacans son termos equivalentes, son utilizados en metereoloxía para denominar a un grupo de tormentas moi próximas entre sí que ocupan un diámetro medio entorno a 500 Km, que xiran en espiral a 120 Km/h como mínimo e entorno a unha áea central de baixas presión (ollo do furacán) .

Si o vento sopla a menos de 120 Km/h, chámase tormenta tropical.
Nas costas americanas(Atlántico, Pacífico), chámanse furacáns.

No sudeste Asiático, chámanse tifóns.
En África, India e Australia, son ciclóns.


El huracán Tomas llega a Haití con vientos de 140 kilómetros por hora




Si queres saber máis acerca dos furacans, pincha nesta dirección para ver unha animación moi didáctica. VER


Misión Grip Furacáns (Ciencia ao cubo)

lunes, 1 de noviembre de 2010

Biodiversidade e historia da terra


Cumio sobre Biodiversidade outubro 2010
Ao longo da historia da Terra tiveron lugar grandes explosións de vida e posteriores extincións masivas. Todos estes acontecemetos están relacionados con cambios no sitema Terra, cambios na composición da atmósfera e posteriores cambios no clima.

Un exemplo ben coñecido é a explosión de vida que aconteceo no Mesozoico coa aparición dos dinosaurios e a súa conquista do planeta terra. Pero só é un exemplo.Un equipo de científicos da Universidade de Durham no Reino Unido veñen de descubrir o por que da extinción dos mamuts.
Extinción del mamut lanudo (Ciencia al cubo)





Na actualidade á acción do home está a acelerar outro proceso similar,o cambio climático.
As especies amenazadas vénse na obriga de buscar lugares mellores para sobrevivir. Unha das estratexias utilizadas por estas especies é subir cara o Norte....pero eso ten as súas consecuencias.


Osos polar y grizzly (Ciencia al cubo)




Introducción de especies foráneas nos ecosistemas naturais locais. As consecuencias tamé se poden apreciar.


Invasión del caracol manzana (Ciencia al cubo)