domingo, 31 de octubre de 2010

Cumio sobre biodiversidade en Nagoya, Xapón

Durante 12 días tivo lugar en Nagoya, Xapón o "Cumio da Biodiversidade".

Os máis de 190 países que participaron acodaron un novo plan de protección especial ata o 2020.

Pero, quizás, o tema que máis interese suscitou foi o acordo sobre "biodiversidade xenética", que no caso de Sudamérica é básico. De quen son as especies que existen nestos países e que son moi utilizadas tanto en menciña como na alimentación? Para quen son os beneficios?

Outros acordos falan das superficies do planeta a protexer.
Según unha información obtida da BBC, acordouse a protección do 17% dos ecosistemas terrestres e o 10% dos ecosistemas mariños, o que no supón un avance nada significativo, con respecto á actualidade.

O cumio en Nagoya foi a X Conferencia das Partes da Convención sobre Biodiversidad (COP10) e tivo lugar do 18 ao 29 de outubro de 2010.

Teremos que esperar a que en prensa aparezan estos acordos para poder valoralos.

Lista vermella das especies. VER

A noticia nos medios

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2010/10/101029_biodiversidad_cumbre_final_am.shtml
http://www.lavanguardia.es/lv24h/20101005/54016907961.html

http://www.cbd.int/convention/convention.shtml


A biodiversidade na sociedade:Biodiversidade en Galicia. Wiki elaborada polos alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes.Lugo





A biodiversidade na sociedade:Farmacia submariña


Farmacia marina (Ciencia al cubo)




A biodiversidade na sociedade: As especies amenazadas e os venenos

Tukki, a pegada ambiental

"Tuki, a pegada ambiental" é un Documental de 50 minutos premiado no festival de cine de Pammplona.

"Tukki", que ven a significar "viaxar" en wolof, recolle a viaxe a que se ve obrigado a facer un xove senegalés dende a súa aldea, situada ao sur do país preto de Tambacounda, por causa da degradación do solo e a deforestación que invade o seu entorno.

Miles de senegaleses vénse obrigados a desprazarse por mor do avance do deserto ou polas choivas torrenciais que invaden os seus pobrados. Son, xa refuxiados climáticos.
As migracións por causas climáticas serán os principais movementos das persoas durante o século XXI.



Unidade didáctica 2: Desenvolvemento sostible

Catástrofes Naturais

O luns 25 de outubro o Servizo de Vixiancia xeolóxica dos USA, registrou un terremoto de 7,8 grados na escala Ritcher en Indonesia, na Illa de Java. Este terremoto provocou un tsunami (ola xigantesca) que arrasou varias illas dos archipiélagos de Java e Sumatra.

Indonesia, está situada nunha zona de subducción moi activa na que se rexistran multitude de terremotos, maremotos e posteriores tsunamis, algúns deles de gran impacto nas poboacións das illas.
Nova recollida da BBC.


Máis información en:
Modelo do tsunami do 25 de outubro na web do NOAA. Centro de seguimento de catastrofes USA. Servizo de alertas

Nova firmada polo profesor Antonio Figueras do CSIC de Vigo

http://www.madrimasd.org/blogs/ciencia_marina/2010/10/27/131746

sábado, 9 de octubre de 2010

Verquido tóxico

Verquido tóxico por lodos vermellos
(6-outubro-2010. TVE)








Os lodos vermellos son unha parte dos residuos producidos durante o proceso de obtección do aluminio. O aluminio, produto básico na sociedade actual obténse mediante un proceso largo e complexo a partir do mineral "bauxita". Grandes toneladas deste mineral son lavadas cada día nas plantas de alúmina - alumnio para separar pouco a pouco o ión de aluminio da amalgama de elementos químicos cos que se atopa unido na natureza ata formar a bauxita (de cor vermello). Os lodos vermellos son o produto residual obtido nos primeiros pasos do proceso por lavado directo do mineral.

Estes lodos vermellos de pH próximo a 14 conteñen, ademáis elementos pesados moi perigosos como arsénico, chumbo e mercurio.

Gráfico-resumo dos procesos físico-químicos seguidos para a obtención de alúmna, nun primeiro momento, e aluminio a partires de mineral de bauxita.