domingo, 31 de octubre de 2010

Tukki, a pegada ambiental

"Tuki, a pegada ambiental" é un Documental de 50 minutos premiado no festival de cine de Pammplona.

"Tukki", que ven a significar "viaxar" en wolof, recolle a viaxe a que se ve obrigado a facer un xove senegalés dende a súa aldea, situada ao sur do país preto de Tambacounda, por causa da degradación do solo e a deforestación que invade o seu entorno.

Miles de senegaleses vénse obrigados a desprazarse por mor do avance do deserto ou polas choivas torrenciais que invaden os seus pobrados. Son, xa refuxiados climáticos.
As migracións por causas climáticas serán os principais movementos das persoas durante o século XXI.



Unidade didáctica 2: Desenvolvemento sostible

No hay comentarios:

Publicar un comentario