domingo, 31 de octubre de 2010

Cumio sobre biodiversidade en Nagoya, Xapón

Durante 12 días tivo lugar en Nagoya, Xapón o "Cumio da Biodiversidade".

Os máis de 190 países que participaron acodaron un novo plan de protección especial ata o 2020.

Pero, quizás, o tema que máis interese suscitou foi o acordo sobre "biodiversidade xenética", que no caso de Sudamérica é básico. De quen son as especies que existen nestos países e que son moi utilizadas tanto en menciña como na alimentación? Para quen son os beneficios?

Outros acordos falan das superficies do planeta a protexer.
Según unha información obtida da BBC, acordouse a protección do 17% dos ecosistemas terrestres e o 10% dos ecosistemas mariños, o que no supón un avance nada significativo, con respecto á actualidade.

O cumio en Nagoya foi a X Conferencia das Partes da Convención sobre Biodiversidad (COP10) e tivo lugar do 18 ao 29 de outubro de 2010.

Teremos que esperar a que en prensa aparezan estos acordos para poder valoralos.

Lista vermella das especies. VER

A noticia nos medios

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2010/10/101029_biodiversidad_cumbre_final_am.shtml
http://www.lavanguardia.es/lv24h/20101005/54016907961.html

http://www.cbd.int/convention/convention.shtml


A biodiversidade na sociedade:Biodiversidade en Galicia. Wiki elaborada polos alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes.Lugo





A biodiversidade na sociedade:Farmacia submariña


Farmacia marina (Ciencia al cubo)




A biodiversidade na sociedade: As especies amenazadas e os venenos

No hay comentarios:

Publicar un comentario