sábado, 20 de noviembre de 2010

Colapso dunha dolina no Courel

De cando en vez no Leste de Galicia en Becerreá e, sobre todo, no Courel ten lugar un acontecemento similar: a terra derrúmbase baixo os nosos pes. Estes fenéomenos son ben coñecidos pola xente que vive neses lugares.

Os xornais recollen hoxe unha nova relacionada con estas situacións. Destaca por que o diámetro do pozo que se abriu ronda os 20 m e ten máis de 30 m de profundidade. Tales magnitudes converten o acontecemento nun fenómeno de Risco importante. Unha carretera atópase moi preto do pozo.

Estes fenómenos están relacionados coas paisaxes Kársticas nos que a rocha caliza, por efecto da erosión intena, forma grandes covas subterráneas moitas veces descoñecidas por os habitantes.

Cando a profundidade da cova é moi grande a parte superior que a protexe derrúmbase tendo lugar o chamado "colapso da dolina" e queda ao descuberto o interior da cova.


A noticia podes lela nesta dirección. VER

No hay comentarios:

Publicar un comentario