domingo, 14 de noviembre de 2010

ENVISAT, o espía da Terra

Imaxe da ESA
Envisat (Environmental satellite) é un satélite construído pola Axencia Espacial Europea -ESA- e que ten como misión obter información do estado da atmosfera, dos océanos e da superficie terrestre.

Lanzado ao espazo en marzo de 2002 describe una órbita xeoestacionaria case polar e está situado a 790 Km de altura.

Posúe 1o instrumentos diferentes para a obtección de datos. Con esta tecnoloxía teránse datos sobre gases de efecto invernadoiro, destrucción de bosque, fusión dos xeos e tamén poderánse localizar accidentes ou derrames nos océanos.

Dende o lanzamentos dos satélites de información medio ambiental o número de derrames por crudo fronte as costas de Galicia multiplicáronse. Así, según fontes ben informadas, no ano 2009 detectaronse case 100 manchas fronte as 54 localizadas no ano 2007.

O 17 de novembro de 2002 o Envisat, por medio dun dos seus instrumentos o ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar), detectou a mancha de petróleo que causou o derrame de crudo do petroleiro Prestige ao partirse en dous fronte á Costa da Morte.

Verquido do petroleiro Prestige. Imaxe tomada dende o satélite Envisat por medio do seu instrumento de observación ASAR.
Novembro de 2002.
Axencia Espacial Europea (ESA)



RELACIONADO COA NOVA

1. Imaxes de Envisat VER

2. Galicia rexistrou 193 verquidos entre 2007 e 2009. VER

3. Un láser barre toda España metro a metro. VER

No hay comentarios:

Publicar un comentario