sábado, 11 de diciembre de 2010

Copiando da natureza: Os ciclos

O termo "ciclo" fai referencia a un camiño que se pecha onde empeza. Un elemento químico comeza o seu percorrido polos distintos sistemas terrestres e tarda un tempo determinado en volver ao seu lugar de orixe. Unha gota de auga pode tardar 15 días dende que cae ata que retorna a atmosfera, pero si falamos da auga subterránea esa movilidade transfóermase en miles de anos.

Unha vez foron estudiados os ciclos de vida de elementos básicos como a auga, o carbono, o nitróxeno, o fósforo e o xofre, entre outros, viúse a importancia de trasladar este concepto a outros ámbitos da ecoloxía e da vida. Xurde o termo de "ciclo de vida dun produto" axuda a seguir o camiño dos recursos no engranxe da vida e descubrir os puntos fortes e febles dese ciclo, o lugar onde se producen perdas importantes e o custo económico e ecolóxico que o seu uso ten como consecuencia.

Para comprender os doistintos ciclos da natureza recomendamos este video que de forma clara e sintética explica o funcionamento dos ciclos básicos da natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario