martes, 7 de diciembre de 2010

Espiando o planeta Terra

Imaxes tomadas da web da ESA


Envisat, lanzado no ano 2002(Environmental Satellite) é un dos satálites estrela da Axencia Espacial Europea (ESA). Describe unha órbita casi polar e tarda 101 minutos en dar un volta completa. Obtén datos dunha zona cada 35 días. O seu obxectivo é estudiar a superficie terrestre, a súa atmosfera e os seus océanos. É, pois, un espía medioambiental.
Conta con 10 sensores que captan o refelexo da luz solar nas súas distintas lonxitudes de onda dende o espectro visible ata o espectro microondas.

Falaremos dun dos seus instrumentos de toma de datos é MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer), un espectómetro capaz de captar ata 15 lonxitudes de onda dentro do espectro da luz de 390 a 1040 nm. MERIS é capaz de medir os distintos niveis de clorofila tanto nos océanos como na superficie terrestre. Precisamente, no ámbito terrestre ímos a pararnos.


A superficie terrestre minuto a minuto con Envisat Meris: VER

Con MERIS estase a desenvolver un programa chamado Glob Corine que trata de estudar, analizar e predicir o estado de saúde das masas boscosas europeas e o avance das zonas urbanas.
As árbores reflicten a luz nuns canles do espectro moi diferente ao solo desnudo e a auga polo que os datos que se poden obter coa firma espectral son importantes. Para coñecer o estado da vexetación utilízase o Índice de Diferencia Normalizada da Vexetación.

O Índice de Diferencia Normalizada da Vexetación (Normalized Difference Vegetation Index o NDVI) calcúlase de este modo:

% de reflexión no cercano ao infravermello - % de reflexión no visible vermello
NDVI=----------------------------------------------------------------------------------
% de reflexión no cercano ao infravermello + % de reflexión no visible vermello

Un Índice é algo máis que un Indicador Ambiental xa que ten a capacidade de relaciónar varias variables importantes e determinantes para un determinado problema ambiental.
Esta información mídese nuns ámbitos que van de -1 a +1.
+1--------------Masas boscosas en bo estado (verde intenso)
0--------------Desertos (blanquecino- amarelo)
-1--------------Océano, auga (azul, negro)
Non ten unidades de medida porque en sí mesmo está traballando con variables de distinta magnitude, pero o significado do seu valor é claro e determinante.

Mapa NDVI publicado o 23 de novembro de 2010. Recolle os datos obtidos no 2009
Fonte: web da ESA

Un resumo do papel a desempoeñar por ENVISAT


No hay comentarios:

Publicar un comentario