domingo, 19 de diciembre de 2010

Este peixe ten mercurio, e vostede?


Ese é o título da Reportaxe publicada no diario "El País" e que recomendamos para a súa leitura.
Segundo Nicolás Olea da Universidade de Granada, "...de todos los animales, el que tiene ahora más contaminantes en el cuerpo eres tú..."

Metais pesados como o chumbo, o mercurio e/ou elementos químicos de nova xeracións como dioxinas e bifenol policlorados aparecen nas cadeas alimentarias onde se van concentrando ata chegar á nosa mesa. No caso de produtos como chumbo e mercurio deixaron de utilizarse, pero á súa concentración nas alimentos, sobre todo peixe e marisco, segue a ser alta. Así, moitos especialistas están a recomendar a baixada no consumo de peixes como o atún e o peixe espada, peixes nos que se atopan dosis importantes de contaminantes.

Segundo os especialistas consultados nesta reportaxe, unha das fontes de contaminación máis forte é a industria da cosmética. Produtos químicos síntéticos como parabenos (éster do benzeno) que se utilizan como conservantes, funxicidas e bactericidas nos produtos cosméticos, son responsables de cancros de pel e de mama segundo estudos recentes. Semella que se o produto se absorbe pola pel non se metaboliza igual e convírtese nun produto maligno que afecta ó sistema endocrino, sobre todo.

Recomendamos a leitura deste artigo no seguinte enlace:

El País, domingo 19 de diociembre de 2010

ENLACES DE INTERESE PARA O TEMA
1. http://www.gencat.cat/salut/acsa/html/es/dir2822/index.html

2. Axencia europea para a seguridade alimentaria. VER

3.UE. Biotecnoloxías. VER

4. UE. Medio ambiente. VER

MERCURIO no Polo Norte



No hay comentarios:

Publicar un comentario