jueves, 23 de diciembre de 2010

A expedición científica "Malaspina 2010"


O día 15 de decembro de 2010 partía do porto de Cádiz unha expedición científica que leva por nome "Malaspina 2010". O obxectivo desta expedición é a recollida de datos para valorar os efectos do cambio climático no mar, o estado da diversidade mariña e os efectos globais sobre o océano. Ademais das mostras físicas que se recollan, segundo Carlos Duarte, Director da Expedición, obteránse 5.500 gigabytes de información, o que ocuparían unas 8.000 películas.

O nome de "Malaspina" ven a ser o recoñecemento da ciencia española ao capitán de fragata Alejandro Malaspina que no século XVIII realizou unha expedición similar con dúas fragatas e baixo bandeira española. A maior expedición científica española pasou rápidamente ao olvido debido, como casi sempre, a problemas políticos e persoales. O nome de Malaspina e a súa expedición caeron definitivamente no olvido.
A expedición recorda a moi famosa "Expedición do Beagle".





Na nova expedición Malaspina, participan dous buques, o "Hespérides" e o "Sarmiento de Gamboa" que sairá posteriormente. Neles máis de 400 científicos participarán na recollida de datos para proxectos de diversa índole.






Unha mostra do traballo a realizar





PÁXINAS DE INTERESE:
1. CSIC.
2. Os xornais:
2.1 Público (Recentemente recibiu o premio á "divulgación científica" que otorga á Casa das Ciencias
2.2 El País

No hay comentarios:

Publicar un comentario